Para observar, para ler, para comunicar, para indagar, para recompilar... Este é o voso lugar!
31 mar 2012
14 mar 2012
RECEITA PARA SER PROFESORA
INGREDIENTES
<><>
<><>
tapasandtwets.wordpress.com |
- Un chisco de capacidade de análise.
- Un moito de ilusión.
- Unha boa miga de serenidade.
- Un algo de confianza en si mesma.
- Moitos desexos de aprender.
Elabórese un adobo con 24 horas de antelación. Para iso, cóllase en primeiro lugar a súa capacidade de análise e obsérvese o conxunto do alumnado; en función das características detectadas, priorice os obxectivos, contidos, métodos, así como a secuenciación de actividades. Déisexe repousar todo ata o día seguinte que comezará a clase.
Cun moito de ilusión, póñase en práctica o previsto. En caso de que un acontecemento inesperado (en forma de accidente fortuíto, visita, chamada, papel por cubrir...), interrompa o normal desenvolvemento, aplíquese unha boa miga de serenidade, e continúese.
Chegado o final da xornada, a confianza en si mesma indicará o que se ten que revisar, cambiar ou deixar. Ante esta problemática, que punto se debería trastocar?
Pois aquel que faga renacer entre o alumnado e a docente, o desexo de aprender.
Para ver as variantes, pódense consultar os seguintes enlaces:
3 mar 2012
USO DESTE BLOGUE
Este blogue vai destinado ao alumnado de terceiro de educación primaria do CEIP López Ferreiro. Será unha ventá das súas producións, e proporcionará elementos para as diversas actividades que se irán artellando...
Comezamos!
NAVEGANDO POLAS MATERIAS
Comezamos!
Protagonistas principais |
NAVEGANDO POLAS MATERIAS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)